O próximo luns 9 de maio, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Pregamos que, por favor, acuda unha única persoa adulta por unidade familiar, a excepción das contadoras e contadores que poderán acudir dous por unidade.
Na sesión anterior contamos:
– Cando Leo (Xerais).
– Douche a miña palabra, de Fran Alonso (Xerais).
– Unha casa para Tom (Algar).
– Chuvisca (Kalandraka)
– Irmáns (Algar).