Contomar este luns 14 de marzo

O próximo luns 14 de marzo, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Pregamos que, por favor, acuda unha única persoa adulta por unidade familiar, a excepción das contadoras e contadores que poderán acudir dous por unidade.

Na sesión anterior contamos:

Pioneiras. Galegas que abriron camiño (Xerais).

Pioneiras. Galegas que abriron camiño 2 (Xerais).

Max e os superheroes (Algar).

Maruxa (OQO).

Deixámosvos a continuación algunhas imaxes dese día:
Contomar 7.3.22