O próximo luns 17 de novembro ás 18:00 horas terá lugar unha nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar, dirixida a nenas e nenos de 3 a 9 anos. Nesta ocasión, cantaremos cos contos Monstro azul, Iriña bailarina e O pirata pata de lata, ademais de gozar con algunha que outra sorpresa máis. Todo isto da man de Anxo Iglesias e Pablo Rial.
Agardámosvos!
Na sesión anterior contamos:
– O gato montés (Triqueta Verde).
– Que roubo máis boubo (OQO).
– Onde estás, Caracol? (OQO)
Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión:





