O próximo luns 21 de marzo, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Pregamos que, por favor, acuda unha única persoa adulta por unidade familiar, a excepción das contadoras e contadores que poderán acudir dous por unidade.
Na sesión anterior contamos:
– A guerra dos números (OQO)
– Un can e un gato (OQO)
– A partes iguais (OQO)
– Miñoca e coello (Xerais)