O próximo luns 31de xaneiro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos.
Pregamos que, por favor, acuda unha única persoa adulta por unidade familiar, a excepción das contadoras e contadores que poderán acudir dous por unidade.
Na sesión anterior contamos:
Puag, que noxo (Editorial Galaxia).
A caca Cuca (Editorial Galaxia).
A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza (Kalandraka).
Garavanciño (Kalandraka).