Contomar este luns 7 de febreiro

O próximo luns 7 de febrero, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Pregamos que, por favor, acuda unha única persoa adulta por unidade familiar, a excepción das contadoras e contadores que poderán acudir dous por unidade.

Na sesión anterior contamos:

Somos amigos (Kalandraka)
A mellor sopa do mundo (OQO)
Os fantasmas non petan na porta (Algar)
Monstro azul (Algar)

Deixámosvos a continuación algunhas imaxes dese día:

Contomar 31.01.22