Contos, cores e…a xogar!

Este próximo mércores 21 de outubro a sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura virá cargada de contos, de cores e de xogos. Esperámosvos!

Como cada semana, a biblioteca estará aberta de 17:30h a 18:00h para o préstamo de libros. 

Na sesión anterior seguimos soñando con chegar á Lúa. Por iso, Bea e Yaiza contaron contos deste satélite, de astronautas, e do agradable que é poder volver á Terra e escoitar os contos que nos fan viaxar antes de durmir. Podedes ver as imaxes da sesión na seguinte ligazón: 

Casa da Lectura_14OUT26_11

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *