O próximo luns 2 de novembro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar, para nenas e nenos de 3 a 9 anos acompañados das súas familias.
Nesta ocasión, coa chegada do Samaín, os contos de medo serán os protagonistas. Monstros, fantasmas e outras criaturas misteriosas agárdannos nunha tarde de historias para tremer… e tamén para rir!
Na sesión anterior contamos:
– Canta xente se necesita…? (Kalandraka)
– A noite das mudanzas (OQO).
– Isto é moi estraño… (Kalandraka).
– Elmer e as baleas (Kalandraka).
– A araña moi ocupada (Kalandraka).
Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión:





