Contos escatolóxicos, na Casa da Lectura

Este mércores, 29 de marzo, a programación semanal de contacontos na Casa da Lectura continúa cunha divertida proposta de contos escatolóxicos. A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza ou Teño ganas de… son algunhas das historias que escoitaremos. Logo converterémonos en moscas detectives para decubrir de quen é todo “aquilo” co nos imos atopar… A sesión comeza ás 18:00 horas e desde as 17:30 a Casa da Lectura abre as súas portas para atender o servizo de préstamo bibliotecario.

A semana pasada desfrutamos dunha sesión que xirou arredor do conto Primeira semana da escola de vacas, pero antes construímos unha vaca Marjorie para lembrar a historia d’A vaca que puxo un ovo. Aquí pódense ver as fotos dese día: https://goo.gl/photos/7xipau2yDmRSbPux7