O vindeiro mércores 19 de febreiro na Casa da Lectura contaremos contos sobre as cousas que podemos facer para coidar a nosa casa. Contaremos a historia do Rainbow warrior e outros que nos levarán a buscar solucións comúns para os problemas medio ambientais que temos.
Xa sabedes, a partires das 17:30h faremos o empréstito e a seguir, ás 18:00h, comezará a sesión de dinamización lectora que remataremos cunha proposta plástica axeitada.
Na sesión anterior os puntos e os círculos foron os protagonistas: Un livro, Pequeno Azul. Pequeno Amarelo de Kalandraka, O ponto e Aquiles o puntiño , tamén de Kalandraka, cos que Concha nos mostrou o potencial que un sinxelo punto ten para transformarse.
Aquí deixamos a ligazón cas fotos da sesión.