Contos para comezar o ano, no Lendo Contigo

O sábado 24 de xaneiro o club de lectura compartida Lendo Contigo reúnese para falar das historias recollidas no libro Contos de así foi, de Rudyard Kipling, da editorial Sushi Books. Lendo estes contos descubriremos de onde lle vén a chepa ao dromedario, como lle saíron as manchas ao leopardo, ou por que o elefante ten a trompa tan longa. 
A sesión será ás 12:00h na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar. Agardámosvos!

Rudyard Kipling

No mes de decembro realizamos un obradoiro con Iván R. e o Porquelandia. Tivemos a oportunidade de aprender sobre o oficio da ilustración, de coñecer como naceu a idea deste xogo e de inventar respostas aos por ques dos personaxes que aparecen nas cartas. Pasámolo moi ben e fixemos as nosas propias cartas para incorporar ao xogo.

Podedes ver aquí as imaxes da sesión: 

Obradoiro Porquelandia 19

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *