O próximo xoves 5 de febreiro teremos unha nova sesión do Sete Vidas, na que nos trasladaremos a Rusia coa novela Corazón de can de Mikhaíl Bulgákov (Hugin e Munin), traducida por Rosana Murias e María Tolstaia
A historia desenvólvese en Moscova, onde o profesor Filip Filíppovich Preobrazhenski, cirurxián especializado en técnicas de rexuvenecemento, decide experimentar coa implantación das gónadas e o cerebro dun delincuente no corpo dun can sen dono. Contra todo prognóstico, o animal sobrevive e evoluciona, convertido nun suxeito grotesco que responde ao nome de Poligraf Poligráfovich.
En clave satírica, a novela retrata a tensión entre a ciencia e a ética e entre a orde natural e a experimentación social.
Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar.




