O mércores 21 de maio na Casa da Lectura realizaremos unha sesión na que a lingua de signos será a protagonista. Achegarémonos a ela a través dos contos e convidámosvos a asistir para descubrir novas palabras e formas de comunicarnos.
Como todas as semanas, a biblioteca da Casa da Lectura estará aberta de 17:30h a 18:00h para o empréstito de libros.
Na sesión anterior recibimos a visita de Mar e de Marta, que nos contaron contos nos que os coellos (ou lebres?) plantaban, comían sopa e escapaban pola noite para escoitar ao lobo 🙂 Podedes ver as imaxes da sesión nesta ligazón:





