Cris de Caldas e Xabi do Camiño na sesión especial de Contos en Cueiros

venres 25 de abril ás 18:00h celebraremos unha sesión especial de Contos en Cueiros na que contaremos coa presenza de Cris de Caldas e Xabi do Camiño co seu espectáculo Kenka un Kenko, unha proposta de narración oral e música.

Esta actividade está enmarcada na Semana do Libro e a Lectura e celebrarase na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas). 

A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde.

Criterios de inscrición:

Para esta sesión e de xeito excepcional contamos cun aforo limitado a 20 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpreenviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 23 de abril a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

  • o nome do bebé
  • o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2022 ou despois
  • o nome da persoa adulta que o vai acompañar
  • un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  • en caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a

– Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. 

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición).

Animádevos a participar!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *