De que está feito o arco da vella? Por que non se ve coa luz apagada?
A sesión do mércores na Casa da Lectura xirará arredor da luz e as cores e nela haberá, por suposto, libros, pero tamén algunhas demostracións e experiencias divertidas para estimular a curiosidade científica da cativada e das familias.
Como é habitual, a biblioteca da Casa da Lectura estará aberta de 17:30h a 18:00h para o empréstito de libros.
A semana pasada recibimos a visita de Concha, que nos fixo ver que as cousas non sempre son o que parecen. Contounos “Oh!” (Kalandraka), pasámolo moi ben coa colección “Los colores hablan” (Océano Travesía), con “Un can” (Xerais) e rematamos escoitando “Queres xogar comigo?” (Kalandraka). Podedes ver as imaxes da sesión aquí:





