Desde Espazo Lectura damos a benvida e agradecemos a súa colaboración e compromiso co noso proxecto á editorial De Conatus, que se incorpora como socia protectora da asociación.
De Conatus é unha editorial independente e comprometida co lectorado que ofrece textos literarios con puntos de vista orixinais e voces singulares de autores internacionais e nacionais.

No seu catálogo podemos atopar diferentes coleccións como a de poesía ou cadernos de lectura creativa, entre outros.
Con esta incorporación, xa son vinte e dúas as editoriais socio protectoras de Espazo Lectura que apoian o proxecto enviando as súas novidades e colaborando coa asociación.
Moitas grazas polo voso apoio.