Despedimos a tempada do Sete Vidas co escritor Santiago Lopo

O martes 4 de xuño, o club de lectura Sete Vidas despedirá a tempada coa visita de Santiago Lopo, que virá falar cos lectores e lectoras que queiran achegarse á biblioteca de Gondomar sobre a súa última novela Hora zulú (Premio García Barros 2012).

Isto é o que di a presentación editorial sobre o libro: “Un home aparece ferido e nu ao pé dun acantilado. Ninguén, nin el mesmo, sabe quen é. A través dunha precisa engrenaxe de reloxería, o inexorable paso do tempo acompañaranos nunha apaixonante busca que descenderá ata os segredos mellor gardados do universo humano. En Hora zulú combínanse textos de orixe e tipo diversos a través dos cales os lectores inician unha busca, coma se se tratase dun xogo que o autor lle propón a quen le. Mediante esa orixinal estrutura, Santiago Lopo mantén a intriga e a tensión narrativa de principio a fin, nunha novela que rompe barreiras, animándonos a soñar e a visitar o outro lado da nosa conciencia. Invitándonos a encontrar a liberdade.”

50e9c5296e588-hora-zulu-9788498654615

A sesión, como é adoito, comeza ás 20:00 horas e ás 21:00 teremos o encontro co autor.

Estas fotos foron tomadas na sesión do Sete Vidas de maio, dedicado á lectura de Os xardíns de Mulai Abdalá.