O próximo xoves 5 de novembro o Sete Vidas reunirase de novo para falar de Doce arrolo, de Leïla Slimani, traducida por Isabel Soto e editada por Hugin e Munin.
Myriam Charfa e Paul Massé forman unha típica parella parisiense con dous fillos pequenos. Cando Myriam acorda retomar a avogacía, ambos emprenden unha estrita rolda de selección para atopar a neneira que precisan. A elixida é Louise, unha muller duns cincuenta anos que semella a candidata ideal e que non tarda en converterse nunha presenza imprescindible para que eles poidan cumprir os seus soños profesionais. Mais a neneira arrastra un duro pasado que disfraza baixo a máscara da perfección; illada, desprezada e incomprendida, os seus delirios condúcena a cometer un acto atroz.
A sesión será ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Contaremos coa presenza da tradutora da obra.





