O Lendo Contigo despide o ano na compaña dunha vella coñecida: Carlota, a resolvedora de problemas. No mes de outubro de 2023 tivemos a sorte de contar coa presenza de El Hematocrítico, que veu á biblioteca a falar de Dona Problemas. Nesta ocasión, o libro proposto é Dona problemas, salvadora da escola, deste mesmo autor e editado por Xerais.
A sesión será o sábado 14 de decembro, ás 12:00h, na Casa da Lectura.
Agardámosvos para resolver uns cantos retos!
Na sesión do pasado mes de novembro a lectura proposta foi Ó revés, de Florence Hinckel (Sushi Books). Tivemos a oportunidade de reflexionar sobre os estereotipos da sociedade na que vivimos e de facelo a través do xogo e o diálogo. Podedes ver as imaxes da sesión na seguinte ligazón: