O vindeiro sábado, 22 de xuño, o clube Daquelas que Len fechamos a última sesión desta tempada coa obra Dor Menstrual, da Editorial Rinoceronte.
A autora, Kopano Matlwa (Pretoria, 1985), escritora e licenciada en Medicina, está considerada como unha das voces emerxentes da literatura sudafricana.
Dor menstrual é unha novela dura, agónica e incómoda que se le como unha metáfora. A través do fío conductor da historia da protagonista, Masechaba: da súa angustia polas terribles dores menstruais que padece, das circunstancias familiares e de amizade, e das frustracións causadas polas experiencias que lle acontecen cando xa é doutora; achégasenos un reflexo da sociedade na que vivimos e da propia vulnerabilidade como humanidade. A obra aborda cuestións como a violencia de xénero, a saúde mental, a xenofobia e as condicións laborais precarias.
A xuntanza terá lugar na Casa da Lectura en Donas, ás 12:00h, e queremos animarvos a participar e poñer en común tanto as rellexións arredor desta novela como as recomendacións para o verán e as próximas sesións.
Vémonos!