Empréstito de libros para o verán

Prezadas socias e socios,

Os vindeiros mércores 4, 11 e 18 de xuño, estaremos na Casa da Lectura de 18:00h a 19:00h para que poidades levar en empréstito ata 5 libros para as lecturas do verán.

No mes de setembro anunciaremos as datas nas que se deberá realizar a devolución dos exemplares emprestados.

Na seguinte ligazón podedes consultar o catálogo de libros: Catálogo da Biblioteca da Casa da Lectura.

Ademais, lembrámosvos, que na páxina principal da nosa web hai un apartado específico onde se recollen as novidades das editoriais socias protectoras.

Un saúdo,

O equipo de Espazo Lectura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *