Música, literatura e ilustración combináronse nas actividades En clave de conto, unha iniciativa de OQO editora dentro da campaña Bocaberta promovida pola SXPL, que estivo en Gondomar xestionada por Espazo Lectura os días 19 e 25 de febreiro.
As actividades, dixiridas a un público familiar, pretenderon achegar as nenas e os nenos ao galego no plano da lectura e tamén no da escoita, para educar a ollada e o oído a través de propostas innovadoras e transmitir o amor pola música e a nosa lingua.
Concerto-espectáculo teatral A NENA E O GRILO
O día 19 de febreiro o auditorio Lois Tobío de Gondomar encheuse para ver e escoitar este espectáculo baseado no conto-cd A nena e o grilo.
Obradoiro para as familias EU FALO ASÍ
O 25 de febreiro, a Biblioteca Municipal acolleu o obradoiro destinado a familias con escolares de 3 a 5 anos. A partir da canción “Cri-cri” de A nena e o grilo xogouse a identificar as distintas linguas do tema e o seu idioma principal: o galego. Estas son algunhas imaxes dese día.