O vindeiro martes, día 21 de maio, o cómic que trataremos será Llévame contigo de Anneli Furmark (Blackiebooks).
Elise e Dagmar son dúas mulleres casadas de mediana idade que, inesperadamente, nunha festa namóranse. Trátase dunha emotiva novela gráfica e un magnífico retrato do desexo, o (des)amor e o descubrimento da orientación sexual na que tamén están presentes as consecuencias que se asumen ante esta situación.
Na sesión anterior, abordamos Mi vida sin rosa de Lizth Bianc, xunto co Daquelas que len no Día do Libro. Resultou unha sesión moi interesante na que os conflitos de xénero, a sociedade patriarcal, os estereotipos e a carga sobre o corpo feminino estiveron presentes no debate que mantivemos. Unha obra necesaria para poñer de manifesto cunha estética “manga” un tema duro e tristemente actual.
A sesión terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 20:00h e, se non podes acudir, tes a opción de participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com.
Agardámoste!