Entre animais anda o xogo!

Este mércores a Casa da Lectura recibirá a visita de animais que teñen moito que contar, que cantar, e moitas ganas de xogar. É bastante probable que estes animais se transformen en palabras ou incluso en imaxes, pero para isto precisamos da vosa axuda. Agardámosvos!

Lembrade que a biblioteca da Casa da Lectura estará aberta de 17:30h a 18:00h para o préstamo de libros. 

Na útlima sesión creamos uns divertidos monstros despois de coñecer a Max e aos seus amigos, a un monstro dolorido e a outro que descubriu que non era tan feroz. Podedes ver as imaxes na seguinte ligazón:

Casa da Lectura_25FEB26_2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *