Espazo Lectura, candidata ao Premio ALMA 2027

A proposta da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) foi aceptada e a asociación é unha das candidatas oficiais do Premio Astrid Lindgren Memorial Award.

Espazo Lectura forma parte das candidaturas que optan ao Astrid Lindgren Memorial Award (ALMA), o premio de Literatura Infantil e Xuvenil que convoca o goberno sueco desde o ano 2002 en memoria de Astrid Lindgren, unha das escritoras máis populares e lidas en Suecia e no mundo. 

Este recoñecemento pode ser outorgado a escritores, ilustradores, proxectos ou persoas que contribúan de xeito notable ao fomento da lectura. Nesta ocasión, un total de 277 candidaturas de 80 países e rexións son as seleccionadas para a edición de 2027, que se fallará no mes de abril. Espazo Lectura opta a este recoñecemento dentro do apartado dedicado á promoción da lectura. 

Agradecemos a implicación e o traballo da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), que promoveu esta candidatura destacando, entre outros aspectos, o labor e o compromiso do voluntariado e a implicación das familias, que permitiron que o proxecto se consolidara no tempo. Deixámosvos aquí a ligazón ao blog de GÁLIX: https://galix.gal/espazo-lectura-candidata-ao-premio-alma-2027-a-proposta-de-galix/

Moitas grazas a todas as persoas que facedes posible que o proxecto de Espazo Lectura continúe medrando e creando espazos de socialización ao redor do libro e da lectura en lingua galega.

Parabéns!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *