Espazo Lectura celebra a XV Fogueira dos Versos para despedir a tempada 2025-2026

A noite do martes 23 de xuño Espazo Lectura celebrará o San Xoán coa Fogueira dos Versos. Esta festa combina a celebración popular desta data, con comida e cacharela, co recitado de poemas a carón do lume e cun concerto para toda a familia a cargo, nesta ocasión, de Arturo e Denis. 

A Fogueira dos Versos celebrarase na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas) a partir das 20:30 horas. As persoas que se animen a participar poden traer algo de comida e bebida para compartir. 

Con esta actividade Espazo Lectura pecha unha nova tempada de actividades centradas no fomento do libro e a lectura en Gondomar. Grazas ao traballo do voluntariado da asociación ofrecéronse, de maneira gratuíta e aberta a toda cidadanía, máis de de cen actividades cunha programación para todas as idades. Grazas a todas as persoas que nos acompañastes nesta tempada e ás que apoiades o proxecto de Espazo Lectura.

Agardámosvos na Casa da Lectura para celebrar a Noite de San Xoán!

Aquí podedes ver as imaxes do ano pasado:

IMG_0935

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *