Espazo Lectura e A rebelión da Lectura inauguran a tempada!

O vindeiro sábado 27 de setembro Espazo Lectura inaugura unha nova tempada cun mercado solidario de libros de segunda man co fin de recadar fondos para o documental A rebelión da lectura, que se estreará no mes de xaneiro de 2026. 
Esta xornada terá lugar o sábado 27 de 11:00h a 20:30h na Casa da Lectura (Nogueira, 8, Donas, Gondomar) coa seguinte programación, aberta a calquera persoa que se queira achegar:

  • 11:00h Benvida e presentación da tempada.
  • 11:15 Apertura do mercado solidario de libros de segunda man.
  • 12:00h Lectura de fragmentos narrativos.
  • 17:00h Contacontos infantil.
  • 19:00h Recital de poesía.
  • 20:30h Peche do mercado solidario.

Ao longo da xornada contaremos coa presenta de autores e autoras convidados, que iremos desvelando ao longo da semana a través das redes sociais do documental A rebelión da lectura e de Espazo Lectura.
Agardámosvos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *