Espazo Lectura, finalista do Premio da Crítica de Galicia 2025 na categoría de “Iniciativas culturais e científicas”

Onte celebrouse en Vigo o acto no que se coñeceron os gañadores dos Premios da Crítica de Galicia. Espazo Lectura atopábase entre as candidaturas finalistas, xunto con Código Cero e o Programa Apego, resultando esta última a iniciativa gañadora nesta edición.

Estes Premios, que se celebran desde o ano 1978, recoñecen anualmente a excelencia e relevancia dos labores individuais e colectivos máis destacados nos diversos ámbitos da creación cultural e da investigación en Galicia.

Desde a asociación Espazo Lectura agradecemos á asociación Premios da Crítica de Galicia e ao xurado esta condición de finalistas e aproveitamos para poñer en valor o labor do voluntariado da asociación, tecido imprescindible para que este proxecto continúe. Do mesmo xeito, agradecemos o apoio dos socios e socias, que sosteñen economicamente este proxecto, e dos nosos socios protectores: editoriais, centros de ensino e librarías, que o enriquecen. Agradecemos tamén a colaboración do Concello de Gondomar.

Moitos parabéns a todos os gañadores e finalistas deste Premio da Crítica de Galicia 2025!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *