O 1 e 2 de abril Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, e Rosana Estévez, vicepresidenta e responsable da área de dinamización lectora, participarán en Ballobar, Huesca, nas V Jornadas Aragonesas de Bibliotecas, Lectura y Escritura, ás que a asociación Espazo Lectura acude convidada polo Departamento de Educación do Goberno de Aragón. As datas teñen un significado especial, pois o 2 de abril é o Día Internacional do Libro Infantil.
Precisamente será na tarde do 2 de abril, a partir das 16:15 horas, cando Concha Costas interveña para expoñer o proxecto de Espazo Lectura na mesa redonda titulada “Dos experiencias con familias”. Espazo Lectura compartirá mesa con Itziar Zubizarreta, profesora e directora do programa vasco de animación á lectura desde bebés ‘Bularretik Mintzora‘ (Do peito á palabra).
Antes, o mesmo día 2, entre as 11:00 e as 12:00 horas, Rosana Estévez ofrecerá na Biblioteca de Ballobar unha sesión de contacontos para nenos e nenas a partir de tres anos titulada “Contamos crocodilos”.
Na páxina web das xornadas pódese consultar o programa completo.
[…] atención nos distintos foros onde a asociación foi convidada a presentar o seu proxecto (Bilbao, Huesca, A Coruña, Porto, Santiago de Compostela, León, etc, etc) é que se poida levar a cabo unha […]