O vindeiro mércores 2 de outubro Espazo Lectura viaxará a Barcelona para recoller o Premio Liber 2024 ao fomento da lectura en bibliotecas abertas ao público.
O premio foi outorgado o pasado 27 de xuño pola Federación de Gremios de Editores de España e teremos o pracer de acudir ao acto de entrega que terá lugar no Musei Nacional d’Art de Catalunya.
Así mesmo, asistiremos á entrega de:
- Premio Boixareu Ginesta ao Libreiro do Año a Librería Gil, de Santander.
- Premio á mellor adaptación audiovisual á película “El maestro que prometió el mar”.
- Premio ao fomento da lectura nos medios de comunicación a La Cultureta, sección do programa “Más de Uno”, de Onda Cero.
- Premio ao autor hispanoamericano a Santiago Muñoz Machado.
- Homenaxe LIBER a José Miguel García Sánchez.