Espazo Lectura presentará o seu proxecto de fomento da lectura este xoves 25 de outubro nunha mesa redonda que forma parte da programación das xornadas Lendo na casa, que organiza a Biblioteca Municipal de Tui en colaboración coas bibliotecas escolares dos centros de ensino do concello. Na mesa redonda, que leva por título “Lendo na casa”, participarán a escritora Conchi Regueiro, unha representante da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación e Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura.