Dende Espazo Lectura queremos contribuír a achegar a música clásica á nosa comarca. Por iso, SORTEAMOS 2 ENTRADAS individuais para ver a @OrquestaClasicadeVigo entre aquelas persoas que lle dean “gústame” a esta publicación. O concerto será o 4 de maio ás 20.30 horas no Teatro Afundación de Vigo. O venres tres de maio daremos a coñecer os nomes dxs gañadorxs.
Bases do sorteo:
Para participar no sorteo «Ás dúas beiras: Poulenc + Gershwin», só tes que ser seguidor de Espazo Lectura en Facebook ou Twitter e darlle gústame na publicación do sorteo nas ditas redes.
Con esta iniciativa pretendemos achegar a música clásica ás persoas que participan de Espazo Lectura, abrindo unha nova fiestra cultural da que poder formar parte e como unha forma de agradecerlles o seu apoio ás nosas actividades.
O prazo para participar é ata o venres 3 de maio ás 14:00 horas, e ese mesmo día daremos a coñecer os nomes das persoas premiadas.
A ORQUESTA CLÁSICA DE VIGO
A Orquesta Clásica de Vigo é unha entidade cultural sen ánimo de lucro que naceu en 1984. Dende os seus comezos apostou pola formación e a innovación nos formatos da música clásica. Con 35 anos de historia, é a formación orquestral máis antiga de Galicia e polos seus atrís pasaron máis de 250 músicos, moitos deles son, a día de hoxe, artistas de primeiro nivel en orquestras nacionais e internacionais.
Este ano conmemoran o seu 35 aniversario cunha programación que reflicte unha visión ecléctica e contemporánea da música sinfónica a través de seis concertos, o terceiro deles, «Ás dúas beiras: Poulenc + Gershwin», que terá lugar o 4 de maio ás 20.30 horas no Teatro Afundación de Vigo.
O CONCURSO
Como participar:
Para poder participar no concurso só tes que:
- Ser seguidor en Facebook ou Twitter de @espazolectura.
- Darlle gústame no Facebook ou Twitter de @espazolectura á publicación do sorteo.
- O prazo para participar no concurso estará aberto ata o venres 3 de maio ás 14:00 horas.
Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos con perfil de Facebook ou Twitter. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos.
Gañador/a:
Os gañadores ou gañadoras escolleranse mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto cos ou coas afortunadas a través do perfil da rede social na que participe; se nun prazo de 8 horas non contestan a mensaxe, procederiamos a facer un novo sorteo.
Premio:
Sortéanse dúas entradas invididuais para o concerto da Orquesta Clásica de Vigo, que terá lugar o 4 de maio ás 20.30 horas no Teatro Afundación de Vigo.
Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.
* Facebook non patrocina, avala nin administra de modo ningún a promoción, nin está asociado a ela.