Espazo Lectura organiza un paseo polo Bosque do Banquete de Conxo da man de Henrique Alvarellos, escritor, editor, xornalista e impulsor da apertura ao público deste espazo natural e histórico.
Henrique achegaranos aos acontecementos que rodearon o Banquete de Conxo, celebrado o 2 de marzo de 1856 e no que tivo lugar este xantar no que estudantes e obreiros brindaron pola liberdade.
Será o domingo, 22 de xuño, ás 11:30h. Reunirémonos no aparcadoiro en superficie a carón da Igrexa de Conxo (diante do Centro de Saúde) e a actividade terá unha duración aproximada de 90 minutos. Aínda que o percorrido non ten dificultade, aconsellamos levar calzado cómodo.
A actividade será de balde e está aberta a todas as persoas interesadas, por orde de inscrición e con prioridade para os socios e socias de Espazo Lectura. Para inscribirse cómpre enviar un correo antes do 20 de xuño a espazolectura@gmail.com e facilitar o nome das persoas así que como un teléfono de contacto, ademais de indicar se es socio ou socia. Todas as persoas que se inscriban deberán esperar un correo de confirmación.

Para completar a experiencia, recomendámosvos ler Os últimos carballos do Banquete de Conxo, publicado por Alvarellos Editora e da autoría de Henrique Alvarellos, Xurxo Martínez González, Francisco Singul, Martín Souto e Julio Estrada Nérida.