Este mércores 26 de febreiro a Casa da Lectura encherase de ratos.

Virán visitarnos Honorato, o rato namorado, Frederick o poeta e o rato Tom (se é que despertou de tanto touciño). Contaremos as súas poéticas e divertidas aventuras (e ata pode que haxa algunha canción).

Lembrade que, como cada mércores, a biblioteca estará aberta de 17:30 a 18:00h para o empréstito de libros.

Na sesión anterior falamos de como coidar o planeta cos contos que nos trouxo Beti: A historia Rainbow Warrior (Kalandraka), Ra de tres ollos (Apila) e Unha árbore (Apila). Podedes ver as imaxes na seguinte ligazón: 

IMG_20250219_181032

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *