Este mércores na Casa da Lectura os protagonistas serán os cus

Sabías que hai cus con forma de pemento? E cus de cores? Hainos vermellos, azuis, transparentes, de lunares… E mesmo cus multicolores! Se queres descubrir os seus costumes, o que lles gusta e o que non, ou algúns dos seus segredos, ven a coñecelos o mércores ás 18:00h na Casa da Lectura

Como cada mércores, a biblioteca da Casa da Lectura estará aberta de 17:30h a 18:00h para o empréstito de libros.

Na sesión anterior tres piratas chegaron á Casa da Lectura coa intención de que algúns dos libros da biblioteca formasen parte do seu tesouro. Menudo susto levamos! Menos mal que comprenderon que os libros que temos na Casa da Lectura é mellor compartilos e, xa que estaban alí, contaron contos de piratas: “Barbavoa“(Nórdica Infantil), “O pirata valente” (Kalandraka), “O pirata Bruno” (Cuarto de Inverno) e “Capitán Calabrote” (Kalandraka). Rematamos a sesión elaborando un barco pirata. Podedes ver as imaxes da sesión aquí:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *