O mércores os lobos visitan a Casa da Lectura. Pero…quen lle ten medo ao lobo? Convidámosvos a coñecer historias divertidas, tenras, e pode que un pouco arrepiantes nesta sesión na que os lobos teñen moito que dicir.
Na sesión anterior apareceron varios fantasmas pola Casa da Lectura. Podedes velos na seguinte ligazón:
Como é habitual, a biblioteca estará aberta de 17:30h a 18:00h para o empréstito de libros.
Agardámosvos!