Este mércores temos visita na Casa da Lectura!

O Comando Le acude este mércores á Casa da Lectura con contos diversos e cheos de personaxes diferentes e costumes variados que teñen en común o respecto e a convivencia. Para esta ocasión recibiremos unha visita moi especial, a de tres comandoleiras de Espazo Lectura: Inés, Antía e Carlota.

Lembrade que, como cada mércores, a biblioteca da Casa da Lectura estará aberta de 17:30h a 18:00h para o empréstito de libros.

Na sesión anterior recibimos a visita de Maríamanta e o Home do Saco, que chegaron coa “Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia” (Xerais). Para adentrarnos no tempo do Samaín, tamén nos contaron “Valentina nunca calas e o monstro da media cara” (OQO) e “O Papón“(OQO). Podedes ver as imaxes da sesión aquí: 

IMG_3776 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *