Este próximo sábado 26 de xaneiro, a partir das 20:00h, celebrarase na Casa da Lectura unha nova sesión do Comando Le. Na primeira parte, leranse os fanfics que os propios comandoleiros e comandoleiras prepararon dentro dun concurso que convocamos para convidalos a escribir un relato a partir dalgún libro ou personaxe de ficción que lles gustase. Na segunda parte, conversaremos e reflexionaremos sobre a relación entre cine e literatura.
A continuación pódense ver as fotos da sesión de decembro de 2018, na que contamos coa presenza de Andrés Pérez, quen compartiu cos comandoleiros e comandoleiras a súa experiencia como radioafeccionado, para dar paso despois a unha divertida experiencia na que os rapaces e rapazas simularon a gravación dun programa de radio con recomendacións dos seus libros favoritos: