Este sábado 26 de xaneiro, o escritor Antonio Manuel Fraga visitará o Lendo Contigo coa súa obra «Escaquis e Romeu» (Xerais). Romeu é un barbeiro que vive tranquilamente na súa vila ata que unha noite de treboada Escaquis aparece e pon todo patas arriba!
A sesión será na Casa da Lectura o sábado 26 de xaneiro ás 12.00h da mañá. Agardámosvos para gozar e compartir esta fermosa lectura!
No mes de decembro visitamos o CEMMA, en Nigrán, e celebramos alí a sesión na que a obra proposta foi «Gol, aventuras no mar», de Tokio (Demo Editorial). Tokio explicounos datos moi interesantes sobre os cetáceos e as tartarugas mariñas, aprendemos o tempo que poden estar os golfiños debaixo da auga sen respirar, como dormen, os anos que poden vivir, e incluso como recoñecelos pola súa aleta. Tamén vimos imaxes do rescate dun lobo mariño polo CEMMA. Interesantísimo!