Como ser membro de Espazo Lectura?

Espazo Lectura é unha asociación non gobernamental, sen ánimo de lucro, que realiza un labor social a prol da lectura e do libro. A nosa vida depende fundamentalmente das cotas que achegan os nosos socios e socias. Espazo Lectura é unha asociación aberta a todas as persoas que desexen integrarse ou participar nela, de xeito activo ou pasivo, e que estean de acordo cos seus principios fundacionais e cos seus estatutos, que están a disposición de calquera persoa nesta web.

Os socios/as formarán parte da Asemblea Xeral da asociación, que se convocará, cando menos, unha vez ao ano. Para facerse socio/a basta con solicitalo por correo electrónico, telefonicamente ou contactando con algún membro da directiva de Espazo Lectura, e cubrir un formulario. Os socios/as achegarán unha pequena cota económica anual. As persoas asociadas que o desexen poden participar activamente nas actividades da asociación colaborando nalgún ámbito determinado.

COTA ANUAL

A cota anual é de 40 euros (cota mínima) para socios/as numerarios, excepto para estudantes, parados e xubilados, que queda establecida en 15 euros ao ano. Se o asociado/a desexa colaborar no financiamento da asociación, tamén se establecen outras cantidades maiores (50 euros anuais, 60 euros anuais ou outra cantidade determinada polo socio/a).

Para asociarte, descarga o PDF/Formulario; cubre os datos e envíanolo por correo electrónico (espazolectura@gmail.com).

Moitas grazas pola túa colaboración.

Únete á rebelión da lectura