Prezados socios e socias:
Neste 2026 que comeza queremos desexarvos un feliz ano, cheo de lecturas e de momentos para compartilas.
Queremos aproveitar para agradecer o voso apoio e colaboración con este proxecto e para recoñecer o traballo da rede de persoas voluntarias que, co seu tempo, compromiso e ilusión, fan posible cada actividade.
Achegamos a felicitación, deseñada por Xela Alonso, coa que vos convidamos a entrar neste espazo cheo de libros, historias e amizade.
Apertas agarimosas,
O equipo de Espazo Lectura




