O vindeiro luns 23 de xuño a asociación Espazo Lectura celebra o San Xoán coa XIV Fogueira dos Versos, unha festa na que, este ano, combinaremos o recitado de poemas con cancións en galego. Animádevos a preparar unha!
A Fogueira dos Versos celebrarase na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas) a partir das 20:30 horas. Podedes traer algo de comida e bebida para compartir e tamén, se queredes, algún poema.
Con esta actividade Espazo Lectura pecha esta tempada, na que se ofreceron de maneira gratuíta e aberta a toda a cidadanía preto de cen actividades grazas ao traballo do voluntariado da asociación.
Agardámosvos na Casa da Lectura para celebrar a Noite de San Xoán!