O vindeiro mércores 23 de outubro a Casa da Lectura recibirá a visita dalgúns gatos ilustres. Miañaremos contos e aprenderemos cousas curiosas que lles pasan aos gatos. Xa sabedes, a partires das 17:30h faremos o empréstito e a seguir, ás 18:00h, comezará a sesión de dinamización lectora que remataremos cunha manualidade gatuna.
Na sesión anterior botamos a andar (mellor dito, a voar) a actividade. Nun avión moi xeitoso viaxamos a diversos lugares para ler contos estupendos. A Antártida, África, Bagdad e o Caurel foron os nosos destinos e tamén fixemos un pasaporte chulísimo para rexistrar todas as nosas lecturas.
Deixámosvos as fotos: