“Groenlandia”, de Fran Fernández Davila, no Sete Vidas

xoves 11 de xaneiro o Sete Vidas inaugura o 2024 cunha sesión arredor de Groenlandia, de Fran Fernández Davila (Galaxia), premio Narrativa Breve Repsol 2023.

Fran Fernández Davila

Comeza 1995, o ano da guerra do fletán entre Canadá e os pesqueiros galegos que traballan preto de Terra Nova. Un mariñeiro case moribundo é atopado nunha balsa salvavidas e levado ata as illas dos Azores, onde esperta sen memoria e vese envolto nunha aventura chea de humor e intriga.

Será ás 20:00 h na Biblioteca Municipal de Gondomar e contaremos coa presenza do autor.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *