Hércules de Ediciones súmase ao proxecto de Espazo Lectura

Comprácenos anunciar a incorporación de Hércules de Ediciones como editorial socio protectora de Espazo Lectura.


Esta editorial naceu no ano 1985 co obxectivo de impulsar a cultura galega a través de grandes obras de divulgación fundamentadas no rigor e na calidade.
Desde A Coruña, Hércules de Ediciones publica obras de actualidade, traducións á nosa lingua e unha coidada edición da literatura infantil e xuvenil. Ademais, no seu catálogo destacan coleccións que abordan o feminismo, a diversidade e a divulgación cultural.
Con esta incorporación, xa son vinte as editoriais socio protectoras de Espazo Lectura que apoian o proxecto enviando as súas novidades e colaborando coa asociación.
Novamente, moitas grazas.

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *