O próximo xoves 4 de novembro o Sete Vidas reunirase na Biblioteca Municipal de Gondomar para falar de Historias De Mentes, de Arantza Portabales (Ed. Bululú).
A mente humana e as súas reaccións fronte a situacións excepcionais son as protagonistas dos 11 relatos que compoñen esta obra.
Reunirémonos ás 20:00. Contaremos coa presenza da autora.