Historias de superación no Comando Le

Este próximo sábado 29 de febreiro ás 20:00h temos sesión do Comando Le na Casa da Lectura. O encontro partirá da lectura da novela O grupo, de An Alfaya, gañadora do XII Premio Raíña Lupa e editada por Xerais na colección Fóra de xogo, que nos vai permitir falar de persoas que sofren algún problema que limita a súa integración social e que loitan por saír adiante e superar esas dificultades. Na conversa que propoñeremos a partir da lectura desta novela, tentaremos reflexionar sobre as historias dos mozos e mozas protagonistas da obra e da educadora social que coordina o grupo do que forman parte, pero tamén nos achegaremos a través de diferentes documentos audiovisuais a outras historias de superación, como, por exemplo, a da gondomareña Desirée Vila, que deixou testemuño da súa vivencia de loita e superación no libro Lo único incurable son las ganas de vivir, do que tamén falaremos na sesión.
 

61BiiDKp0TL
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Deixamos a continuación as imaxes da sesión de xaneiro, na que os comandoleiros e comandoleiras participaron nun obradorio de escrita coa poeta Elvira Riveiro:
Comando Le 25.01.2020