O mércores 26 de marzo ás 18:00h a Casa da Lectura estará chea de historias poéticas, poetas, rimas e palabras que estouran deixándonos novas palabras. Ademais, aprenderemos como equipar a nosa maleta de poeta.
Lembrade que, como cada mércores, a biblioteca estará aberta de 17:30 a 18:00 para o empréstito de libros.
Vémonos o mércores!
Na sesión anterior Iago, Yaiza e Aida trouxeron os seus dragóns, algo peculiares por certo. Léronnos “A princesa vestida cunha bolsa de papel”, “A dragoa a que non lle gustaba o lume” (Editorial Picarona) e “El correo del dragón” (Edelvives).
Podedes ver as imaxes desta sesión na seguinte ligazón:





