O venres 18 de outubro ás 20 horas terá lugar un espectáculo musical en homenaxe a Rosalía de Castro no Auditorio Municipal de Gondomar Lois Tobío. O acto, organizado polo IEM, contará coa participación do escritor Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e a intervención dos grupos musicais: 2naFronteira, Son do Val, Kogito-Ska feito na Galiza, Conservatorio de Música do Concello de Gondomar, Xardín Desordenado e o Coro Tradicional Cantares do Brión. Conducirán o acto Marta Dacosta e Rexina Vega. Entrada libre ata completar aforo.