O 27 de febreiro temos a nova sesión de dinamización lectora dos mércores da Casa da Lectura. Nesta sesión, acompañaremos a Carapuchiña polo bosque nevado co conto As manoplas de Carapuchiña. Todo o que ocorra a partir de aquí será unha sorpresa que non vos podedes perder.
A actividade comeza ás 18:30 horas e unha hora antes a Casa da Lectura xa estará aberta para consulta e préstamo bibliotecario.
Deseguido pódense ver imaxes de diferentes momentos da sesión do mércores pasado, co mar como protagonista.